Galiza

A sentenza absolve o Estado

A sentenza absolve o Estado

A Audiencia Provincial da Coruña considera que o Goberno español xestionou "ben" a catástrofe e absolveu o único cargo público imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luís López-Sors; a única condena que estabeleceu foi por "desobediencia" e para o capitán, o grego Apostolous Mangouras. Remata a crónica dunha sentenza anunciada.

A Audiencia Provincial da Coruña considera que o Goberno español xestionou "ben" a catástrofe e absolveu o único cargo público imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luís López-Sors; a única condena que estabeleceu foi por "desobediencia" e para o capitán, o grego Apostolous Mangouras. Remata a crónica dunha sentenza anunciada.

 
  • Redes sociais => @meri_varela afirma que "o mar volve estar de loito once anos despois"; @arturgalocha considera que "a mensaxe que manda a sentenza é 'cando queirades'"; @Manuf_Paz remarca: "chamáronlle xuízo mais era un cheque en branco para que o repitan"; e @tone_corunha achega que "o poder xudicial lembra a xurisprudencia dominante" e que "a impunidade é o escudo das elites políticas e económicas neste secuestrado país"
     
  • Redes sociais => @XornalAberto ten claro que "se Galiza non tivese costa non pasarían cousas como a do Prestige"; @Moi_Enfurecido non entende "para que se fixo o xuízo se sempre perdemos os galegos"; @alfhermida enfatiza que "non hai forma de quitarse de encima a marea negra"
  • Redes sociais => o dito popular de que 'Mexan por nós' é a mellor síntese que se pode facer da reacción que a absolución do Estado español causou nas redes sociais. @anntia denuncia que "pasan os séculos e seguen mexando por nós e Galiza ten que seguir dicindo que chove; Nunca Máis debera berrarse todos os días"
     
  • Resumo => absoltos os tres acusados dos principais delitos: contra o medio ambiente e danos. Absolto o xefe de máquinas, Nicolas Arguropoulos, do delito de desobediencia civil polo que si foi condenado o capitán do buque, Apostolous Mangouras; impóñenlle nove meses de cárcere, polo que non entrará en prisión.
     
  • Remata a leitura do resumo que o maxistrado fixo da fundamentación en que basea a resolución adoptada a respeito da marea negra causada polo Prestige
     
  • Os feitos probados nesta sentenza son constitutivos dun delito de "desobediencia grave" do cal é autor Apostolous Mangouras, sinala a sentenza
     
  • Redes sociais => @anxinho salienta que "os responsábeis políticos daquela marea negra no mar son os mesmos que agora a provocan nos sevizos públicos"; @Outes quéixase da "absolución do goberno pola traxedia" e ironiza con que "mandar o Prestige ao quinto pino non debeu influír"; @UxioNovo fai brincadeira: "botáronlle a culpa á pistola"; e @blancafram espeta que unha sentenza con "cero responsábeis non por esperada é menos indignante"
     
  • López-Sors xestionou "ben" o afundimento do Prestige ao maxistrado sorpréndelle que fose imputado
     
  • Tal e como adiantara o maxistrado, o Goberno español fica absolto de responsabilidades penais
     
  • "Considérase favorábel o que se decidiu: a contaminación extensa mais non intensa, que favorecese a rápida recuperación do medio ambiente, como de facto aconteceu". O maxistrado di que "está á vista" que as actividades produtivas afectadas pola marea negra fican, a día de hoxe, "recuperadas"
     
  • A sentenza enfatiza que "non está claro" cales serían as consecuencias do afundimento de non se ter afastado o barco da costa galega e di que "é dubidoso que se advertise nalgún momento o alcance dos danos" pois os colectivos "que agora abundan no craso do erro daquela gardaron silencio"
     
  • O maxistrado atribúe a López-Sors "imprudencia grave". Loa o traballo de Nunca Máis e subliña de seguido que "isto non quere dicir que as súas conclusión foran as atinadas"
     
  • Absoloto o capitán do barco, Apostolous Mangouras, e o xefe de máquinas
     
  • Redes sociais => indignación perante a máis que probábel absolución: @BraisLlorente lamenta que "once anos despois, ningún culpábel, coma sempre"; @Caletiweni lembra a vitoria do PP nas eleccións municipais, que sorprendeu en localidades como Muxía, e espeta que "a primeira condena tiña que ser a dos galegos nas urnas" porque agora "ninguén pagará polo desastre"; @millanfernandez quéixase de que "A sentenza do Prestige será como todo neste país. Como será o de Angrois. Man de ferro co pobo, luva de seda cos poderosos, hoxe gobernando"
     
  • Non se reclamarán responsabilidades penais; só civís
     
  • Fala o maxistrado de "dificultade ou imposibilidade" de atribuír responsabilidades a ningún dos tres acusados pola marea negra. Cabe a absolución
     
  • "Non hai ningunha causa que demostre a causa da repentina e irreparábel avaría do buque", resome a sentenza
     
  • "Non se provou a existencia de ondas xigantes e a mera proba estatística non pode demostrar que causara a avaría coas lóxicas consecuencias no naufraxio", continua o maxistrado ponente
     
  • Redes sociais => Sorpresa perante a leitura na nosa lingua. Apunta @mediaducia: "Xustiza en galego" Isto é novo e marabilloso!" e @xico_de_nelle di que "o único bo da sentenza é que se estea a ler en galego"
     
  • Redes sociais => Reproches para a decisión da CRTVG de non retransmitir ao vivo a leitura da sentenza. @luscas_gz fala de "máis un caso de manipulación (e van xa...)" e @tawil informa da programación que se está a manter e acrecenta o hastag #NuncaMáis
     
  • Redes sociais => Di @Amalixx que "hoxe na Galiza lembramos o Prestige coma se fose hoxe mesmo"
     
  • "O estado estrutural do buque era parcialmente precario" e o seu esnaquizamento "era previsíbel", continua a sentenza
     
  • A CRTVG está a retransmitir a leitura pública a través da súa páxina web. Porén, ao vivo mantén a programación e emite Galicia Lipdub na primeira canle e series infantís na segunda
     
  • Redes sociais => @jcabalar, que está a cubrir a leitura da sentenza na sede do TSXG, denuncia que "levaron as pantallas de plasma. Incomunicando o Prestige dende outra sala.Todo o ano nunha nave industrial e hoxe..."
     
  • Redes sociais => @cduranestany pregunta "Que sentido ten tanta expentacion pola sentenza do Prestige se ningun dos acusados que hai esta presente. Non é unha pantomima?"
     
  • Ás portas do TSXG concéntrase a Plataforma Nunca Máis para denunciar a "impunidade" desta resolución anunciada
     
  • "O fallo produciuse a causa dun mantemento deficiente que se lle ocultou á tripulación", di a sentenza
     
  • Continúa a leitura pública: o maxistrado ponente fala dunha actuación "difusa e confusa" do que daquela era delegado do Goberno español na Galiza, Arsenio Fernández de Mesa
     
  • Si se reclamou cadea para os outros dous acusados, dous armadores gregos. Porén, ao parecer non entrarán no cárcere por superaren os 70 anos de idade
  • Para o único cargo público acusado pola marea negra, o ex director da Mariña mercante José Luis López-Sors, non se reclamou pena de prisión
     
  • As indemnizacións por danos están cifradas nos 4.230 millóns. Quen se fará responsábel?
     
  • O maxistrado ponente da sala da Audiencia Provincial da Coruña encetou ás 11.04h a leitura pública da sentenza. Faino en galego

Máis en Galiza
comentarios