martes 31.03.2020

Seis meses após sae en liberdade o autor do roubo do Códice

A avogada do ex-electricista pensa que o xuíz instructor do caso retrasou as resolucións e paralizou as apelacións.
En liberdade o autor do roubo do Códice seis meses após a súa detención


O caso do roubo do Códice Calixtino gardado na Catedral de Santiago pecha o seu primeiro capítulo coa posta en liberdade, após seis meses en cadea preventiva, do seu autor confeso. Manuel F.C xa está na súa casa coa obriga de presentarse unha vez por semana nos xulgados e a prohibición de entrar nas dependencias da Catedral. Máis adiante terá lugar o xuízo por un caso que puxo mesmo en evidencia a financiación da Igrexa católica e a non declaración dos seus ingresos.

No sumario do caso coñeceuse unha primeira declaración do ex-electricista na que sinalaba a un pacto co deán co obxectivo de lle dar publicidade ao manuscrito e as grandes cantidades que conseguiu sacar da Catedral froito das esmolas que os peregrinos deixaban na Catedral. Polo medio estiveron as polémicas declaracións do xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, que sinalara que o detido agochaba os cartos "debaixo dos ladrillos, como [email protected] @s [email protected]" e que motivaron unha protesta ao goberno español por parte do BNG

A avogada de Manuel F.C presentou estes días varias queixas contra o xuíz que instrúe a causa, José Antonio Vázquez Taín, polo retraso nas resolucións e a paralización nas apelacións. Solicitou, aliás, a nulidade das declaracións do acusado "polo trato que recibiu nos interrogatorios durante a instrución do sumario".

comentarios