A información para realizar o voto por correo na rede que permite, entre outras operacións, realizar o seguimento de envíos a través do localizador, atópase unicamente en español, sen dar ningunha posibilidade ao seu manexo en galego.
Desde a páxina web de Correos está xa operativo un apartado para o seguimento e información xeral das condicións de voto por correo que indica que o prazo está aberto desde o un de abril até o día 15 de maio. As persoas que opten por esta vía recibirán a documentación entre o 5 e 18 de maio e terán que remitir o voto do 5 ao 21 de maio.