xoves 02/12/21

San Sadurniño súmase aos concellos que pagarán os fármacos hospitalarios a doentes cró[email protected]

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García (BNG), anunciou que a veciñanz non terá que pagar os tratamentos de enfermidades crónicas que o PP somete a re-pagamento. Asemade, acusa a Xunta de "ser cómplice" por non se opor a esta medida.

Secundino García, alcalde de San Sadurniño
Secundino García, alcalde de San Sadurniño

Este concello da comarca de Ferrolterra sumouse este sábado (19 de outubro) á listaxe de administracións locais que financiarán @s doentes cró[email protected] os tratamentos sobre os que o Goberno español aplicou o re-pagamento. 

Segundo o seu alcalde, o nacionalista Secundino García Casal, "ningún veciño ou veciña quedará sen medicamentos por non os poder pagar". Para o rexedor de San Sadurniño, "non pode haber quen se considere persoa" e dea por boas "decisións que condenan directamente á morte a homes e mulleres" [email protected] de cancro ou leucemia "polo simple feito de carecer de diñeiro". 

Neste senso, o Concello asumirá o pagamento dese "10% até un máximo de 4,20 euros" fixado no decreto que aprobou o exectivo de Mariano Rajoy, "independentemente da renda" [email protected] veciñ@s e do custe total do tratamento. Porén, explicou Secundino García, "agardamos que a presión social obrigue ao PP a paralizar esta decisión". 

A decisión, que será debatida no pleno municipal que a corporación desenvolverá o vindeiro 9 de novembro, visa "gobernar priorizando na xestión dos fondos públicos a defensa dun sistema sanitario público e gratuíto". 

Así, o alcalde de San Sadurniño denunciou que a Xunta sexa "cómplice" desta medida ao se negar a non aplicala. Asemade, lanzou un chamamento aos demais concellos da comarca a que participen activamente na asemblea nacional convocada polo alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, e que terá lugar a vindeira semana. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

San Sadurniño súmase aos concellos que pagarán os fármacos hospitalarios a doentes...
comentarios