Afectad@s polas preferentes reteñen na depuradora de Vigo o delegado do Goberno e o conselleiro de Medio Ambiente

Perto de 250 persoas rodearon as instalacións da depuradora de Vigo, que visitaban o delegado do goberno español na Galiza e o conselleiro de Medio Ambiente, e que precisaron dun cordón policial para abandonar a zona. A indignación entre os milleiros de galeg@s afectad@s polo calote vai en aumento a medida que pasa o tempo sen que o goberno sequera intente dar una solución

O subdelegado do Goberno español, Samuel Juárez, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, non agardaban que a súa visita institucional ás instalacións da depuradora de Vigo finalizase coa intervención policial. Mais así foi. Por volta de 250 estafad@s polo calote das preferentes rodearon as instalacións onde se realizaba a visita,nun acto no que denunciaban a responsabilidade do PP e do goberno autonómico estatal no calote,alén de exixir a devolución dos seus aforros.

As autoridades que visitaban as instalacións estiveron retidos máis de hora e media. Só a intervención da policía logrou que puidesen abandonar a zona. Afectad@s polo calote lamentan que “a nós, que somos os roubados, se nos segue a tratar coma delincuentes. E eles, tan tranquilos”.

Comentarios