luns 29/11/21
3 DE XULLO, DíA INTERNACIONAL SEN SACOS DE PLáSTICO

Un saco de plástico úsase 25 minutos e tarda entre 100 e 500 anos en degradarse

Neste 3 de xullo, Día internacional sen sacos de plástico, Adega convida a non usalos e bota a andar a campaña “Por un comercio libre de bolsas de plástico”. 

sacos
sacos

Os datos mostran a dimensión e os efectos do seu emprego. O 80% do lixo do mar está composto por sacos de plástico que tardan entre 100 e 500 anos en degradarse. Un millón están en uso ao redor do mundo en cada minuto. Unha persoa da Europa emprega arredor de 500 sacos de plástico ao ano e a UE produce 3,4 millóns de toneladas todos os anos, o que equivalería ao peso de máis de dous millóns de coches. 

A acción case habitual de rematar as compras metendo os produtos en sacos de plásticos que apenas durarán até seren baleirados na casa ten graves consecuencias para o medio ambiente e ADEGA, neste 3 de xullo no que se conmemora o Día internacional sen sacos de plástico quere concienciar á cidadanía das bondades de dicir “non” cando nos establecementos ofrecen eses envases. 

Arredor de corenta comercios de Compostela adheríronse á campaña “Por un comercio libre de bolsas de plástico” coa que Adega quere sensibilizar sobre a urxencia de mudar de hábitos para eliminar uns produtos que xa están prohibidos noutros países e que teñen un alto nivel contaminante. 

Como fai tanto dano?

“Como chega unha bolsa de plástico a facer tanto dano?”, pregúntanse, na presentación da súa anova campaña que bota a andar en Compostela en arredor de corenta establecementos que lucirán un distintivo nas súas portas no que se le “Comercio libre de bolsas de plástico”. 

Se convidan aos comercios a non distribuír sacos de plástico, ás persoas usuarias solicítanlle que non as usen e, no canto delas, empreguen bolsas de tea, fécula de pataca ou papel reciclado ou, en todo caso, re utilizábeis. Para eliminar o uso deste produto contaminante, animan tamén a mercar produtos a granel, co que se aforra o envoltorio de fábrica que maiormente emprega este material. 

As consecuencias do seu uso son, segundo Adega, de grande gravidade e a eles se debe morte de tartarugas e demais animais mariños, emisión de gases contaminación dos solos... Adega participa na campaña internacional “Bag Free World” que quere concienciar ao mundo da necesidade de eliminar do uso este produto con graves consecuencias para o medio ambiente. 

Un saco de plástico úsase 25 minutos e tarda entre 100 e 500 anos en degradarse
comentarios