A Revolução do 25 de Abril A Fondo

Catro décadas despois dun dos procesos revolucionarios que marcará a segunda metade do século XX, o A Fondo deste novo número do semanario Sermos Galiza achégase á revolta militar que se tornou unha revolución popular naquel 25 de abril do que se conmemora o corenta aniversario. Disponíbel por 0,50 euros na nosa loxa.

Capa_AFondo_SG93
photo_camera Capa_AFondo_SG93

“25 de abril, 40 anos dunha revolución inacabada” é o título xenérico do A Fondo coordinado por Manuel Mera e X.P. Igrexas no que se analiza o proceso histórico máis relevante do pasado século en Portugal que se converteu nun dos episodios históricos que máis atención provocaron na esquerda mundial. 

O director da Fundación Moncho Reboiras e coordenador do A Fondo achégase ao proceso revolucionario desde a situación previa de Portugal, coa folga de máis de 100.000 operarios en outubro de 1973 até a encrucillada na que o país vive na actualidade. No entanto, Mera sostén que “os efectos da revolución dos caraveis non foron doados de desmontar polas clases hexemónicas”, nun país nos que a caída da dituadura non se fixo como no Estado español ou Grecia por un proceso de transición senón por un revolucionario. 

O A  Fondo reproduce tamén os principais fragmentos da derradeira entrevista concedida polo General Vasco Gonçalves, un dos máis destacados protagonistas do acotnecemento que fala da Revolução do 25 de Abril como “a mairo ofensiva contra o capitalismo”. 

Xabier P. Igrexas pecha o especial defendendo unha das principais leccións de abril: “o papel central que en todo proceso de transformacións ocial debe xogar directamente o próprio pobo, as clases populares e singularmente a traballadora”. A conclusión é, ao seu ver, que os seus valores “continúan a se proxectar como aspiración de futuro para o pobo portugués”. 

Comentarios