Escrache falido en Monte Pío e 30 persoas perante a morada de Celso Delgado

Unha trintena de axentes da policía española e numeros@s xornalistas mais sen manifestantes. Asi remata o escrache convocado virtualmente na morada de Feijóo. 

photo_camera Imaxe das inmediacións da morada oficial de Núñez Feijóo

Nin un(nha) manifestante. O escrache convocado para este sábado na morada oficial do presidente da Xunta non tivo éxito. Malia todo, máis de 30 axentes da policía española despregaron un forte dispositivo ás portas de Monte Pío. Numerosos valados impedían achegarse ao domicilio de Alberto Núñez Feijóo onde se atopaban diversos medios de comunicación á espera da concentración que fora difundida para as 18.00h. 

Porén, esta tarde en Ourense ás portas da vivenda dun deputado parlamentar do Partido Popular, Celso Delgado, ducias de manifestantes desenvolveron o que foi o primeiro escrache na Galiza. Baixo o lema 'Si poden mais non queren' membros da Plataforma STOP Despexos concentráronse ás portas da morada de Delgado para o sinalaren como un d@s representantes populares que votaron en contra da dación en pagamento. 

Comentarios