Reclaman liberdade para a tripulación do Marianne en concentracións simultáneas

Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Foz e Ribeira acolleron neste serán concentracións -algunha delas saíu tamén en manifestación- nas que se reclamou a inmediata liberdade da tripulación do Marianne, da Flotilla da Liberdade, atacado por forzas israelitas. 

palestina2
photo_camera palestina2

Liberdade para a tripulación do Marianne, da Flotilla da Liberdade, abordado esta madrugada por Israel, foi a principal reclamación das concentracións que se desenvolveron nas cidades e en distintas vilas do país esta segunda feira. Alén de esixir a inmediata liberación das persoas apresadas, entre as que se atopa a voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, as concentracións reclamaron os dereitos do pobo palestino e denunciaron un estado de Israel que tortura, secuestra e asasina. 

No momento en que se producían as concentracións en cidades e vilas, seguía sen se ter noticias do destino de Ana Miranda, única persoa na tripulación do Estado español, que continuaba detida e incomunicada. BDS, convocante das concentracións, continuaba tamén sen resposta do Parlamento de Galiza nin do goberno do Estado Español á quen se dirixiu para reclamar protección para a tripulación da Flotilla da Liberdade que se dirixía a Gala en misión humanitaria, para transportar alimentos e medicinas á poboación do campo. 

Comentarios