Rajoy devolve o Códice á Catedral, sobre a que penden moitas interrogantes polo acontencido

Peregrin@s apuparon a Rajoy cando entraba na Catedral. Os presidentes español e galego anuncian no acto oficial de devolución do Códice Calixtino a sinatura de convenios coa Catedral para mellorar a proteción do patrimonio.

Coa solemnidade que gostan ambos presidentes, Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, decorreu o acto oficial de devolución do Códice Calixtino á Catedral de Compostela. Alén de anunciar a sinatura dun convenio que garanta mellor protección do patrimonio, Rajoy expresou o seu agradecemento a tod@s @s que traballaron "e perseveraron" para lograr recuperar o libro roubado en xullo de 2011 e que agora volta á Catedral. Na súa entrada na Catedral, o presidente escoitou apupos e berros de 'fóra, fóra' ou 'non deberías estar aquí', procedentes de peregrin@s que se atopaban no Obradoiro.

O presidente escoitou apupos e berros de 'fóra, fóra' ou 'non deberías estar aquí', procedentes de peregrin@s que se atopaban no Obradoiro.

Feijóo, pola súa banda, afirmou que ao recuperar o Códice o que se fixo foi "rescatar a mesma fonte do europeísmo", mentres o arcebispo compostelán, Julián Barrio, amosaba o seu agradecemento e afirmou que non aforrarán "esforzo algún" para protexer o patrimonio.

O acto, porén, non sirveu para despexar as dúbidas e preguntas existentes na sociedade galega sobre o acontecido con este caso. Non só sobre a falla de seguridade do Códice en si, senón sobre como é posibel que (versión oficial) unha persoa, o electricista, levase vinte anos roubando da Catedral centos de euros ao día e obxectos de valor sen que ninguén se decatase ou fixese algo. Na investigación apúntase que só en 2004, Ano Xacobeo, esta persoa podería ter sustraído máis de 240.000 euros.

Máis xente implicada

De feito, a investigación apunta a que máis persoas seguían este proceder de roubar cartos na Catedral (diñeiros que procedería de esmolas e achgas particulares e que non deberían de figurar en ningunha contabilidade, pois non houbo denuncias de sustración). O propio detido, Manuel Fernández Castiñeiras, afirmou na súa declaración que el non era o único en levar diñeiro para a casa: "Os curas tamén rouban", afirmou.

 Fotos: Xunta da Galiza

Comentarios