Rafael Louzán declarará como imputado por suborno continuado

O PP inicia a campaña con dous imputados máis na súa listaxe. E, desta volta, un e moito peso no partido. O presidente da Deputación Provincial e presidente do PP en Pontevedra, Rafael Louzán terá que declarar como imputado diante do Xulgado de Cambados por delicto de suborno. Tamén o concelleiro de Pazos de Borbén e deputado provincial. 

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
photo_camera Louzán, presidente Deputación Pontevedra

Rafael Louzán e a súa muller Mª Teresa Cores están imputados e terán que declarar por delito de suborno continuado por sobreprezos nos alugueiros duns locais comerciais da súa propiedade en Vigo. O xulgado de Cambados admitiu a trámite a querela presenatda pola fiscalía de Pontevedra que implíca, alén de a Louzán e María Teresa Cores, propietarios dos inmóbeis. ao deputado do PP de Pazos de Borbén, Severino Reguera Varela, que lle estaría a alugar os locais do presidente da institución provincial. 

A denuncia dun particular estaría detrás da investigación da Fiscalía nun proceso que agora dá un paso adiante coa imputación do presidente da Deputaciónn Provincial, Rafael Louzán e Mª Teresa Cores por suborno continuado e máis do concelleiro de Pazos de Borbén, Severino Regueira, que está imputado por delito de suborno impropio. No caso de Louzán, as penas poderían ser de prisión de seis meses a n ano e suspensión de emprego e cargo público dun a tres anos. O código penal estipula o delito de suborno para autoridades ou funcionarios públicos que se aproveiten en función do seu cargo público para a obtención de “dádiva ou agasallo”. 

Pide rapidez nos xulgados

O  xuíz fará tamén varias dilixencias de proba ademais da declaración das tres persoas imputadas que se negaron a participar no proceso no mes de marzo cando foron convocados polo fiscal de delitos económicos nos xulgados de Pontevedra. 

O presidente da Deputación emitiu nesta sexta feira un comunicado no que insisten en que a querela  ten orixe nunha denuncia anónima e diríxese ao que, ao seu ver, é unha "relación mercantil circunscrita ao meu estrito ámbito privado". Reclamaba, ao finalizar, que os xulgados actuasen “coa máxima celeridade”. 

Comentarios