Rafa Cuiña afirma en twitter que o PP potencia a Beiras porque "lle garante a maioría absoluta"

O membro da Executiva de Compromiso por Galicia e activo tuiteiro Rafa Cuiña afirma na rede social que "a estratexia do PP de potenciar a Beiras é evidente nas palabras de Feijóo". Cuiña afirma en Facebook que o PP conta nesta estratexia co apoio de "medios afíns".

Rafa Cuinha
photo_camera Rafa Cuiña

Rafa Cuiña xulga que o Partido Popular potencia a Beiras como unha estratexia para alicerzar a súa maioría absoluta.

A este asunto, o dirixente de Compromiso por Galicia dedícalle dous chíos. No primeiro di literalmente: "A estratexia do PP de potenciar a Beiras é evidente nas palabras de Feijoo. Sabe que garante a súa maioría absoluta. Senón xa veríades...". 7 minutos despois deste tuit, Cuíña engade: "E dito isto da estratexia do PP, que ninguén o interprete como un ataque a AGE. Eles fan o seu traballo independentemente das estratexias.

En Facebook tamén deita un comentario sobre o mesmo tema: "Feijoo non para de atacar directamente a Beiras e de dicir que este é o jefe de la oposición e que todos os da oposición hacen lo que quiere Beiras...".

De acordo coa súa interpretación, a estratexia do PP é "evidente" e conta coa colaboración de "algúns medios afíns". Actúa así o PP porque cre que potenciar a Beiras "garante as súas maiorías absolutas". Todo mudará  "cando observen o máis mínimo perigo", daquela "veredes como vira o barco...", engade o político galeguista.

Cuíña asina ironicamente este post como "un que sabe como as gastan estes...", di en relación ao PP.
 

Comentarios