Queres prensa en galego? O nº6 de Sermos Galiza xa está nos quiosques!

O semanario céntrase desta volta nos recortes ideolóxicos anunciados polo Goberno español e nas repercusións que terán para o noso pobo. Mais tamén saímos fóra: debullamos o programa electoral de EH Bildu camiño dunha Euskal Herria soberana e de esquerdas. Ollamos o deporte que se fai no país, falando coa equipa nacional de Rugby-7. E mergullámonos no mundo das crianzas da man das maquetas de Wood Models, un proxecto nado en Outeiro de Rei

Máis unha sexta, Sermos Galiza voltou aos quiosques. Ás portas da fin de semana, ofrecémosche outras 32 páxinas onte poderás coñecer a actualidade focada na Galiza e contada doutra maneira. Este medio quedou fóra das axudas destinadas á prensa que se expresa en galego por termos nacido este ano, dixo a Xunta.  Outra poutada á nosa lingua. Por iso insistimos: o noso esforzo precisa do teu. Se queremos que os xornais falen a nosa lingua, toca loitar por eles!

Búscanos nos quiosques ou subscríbete ao semanario e poderás coñecer o guión dun saqueo, o devastador programa de medidas orquestrado polo Goberno español facendo as veces de títere da troika voltando máis unha vez a cebarse coas persoas máis desfavorecidas --desempregadas ou dependentes--, namentres as cúpulas das grandes empresas soben un 5% en beneficios. Como xa sabedes, o PP cargou contra o persoal do sector público boa parte dos novos recortes, apoiando esa campaña de desprestixio que ven acompañando de vello a est@s traballador@s. Repasa connosco no nº6 as repercusións que a tesourada terá na Galiza sobre dous dereitos fundamentais: a sanidade e a educación.

A crise abre a fenda entre ric@s e pobres. Porén, o panorama copia os anos de bonanza cun modelo de desenvolvemento que non era alleo ao aumento das desigualdades e exclusións sociais. Neste número poderás afondar no tema, alén de coñecer a postura do sindicalismo nacionalista por boca do secretario xeral da CIG, Suso Seixo: "O goberno ten que ver que a cidadanía lle vai dar unha resposta contundente".

Na crónica política viaxamos do estado autonómico ao estado provincial e revisamos os cepillos dunha empresa que conta con ingresos millonarios que non declara: 'Catedral, demagogo de pedra'. Achegámonos até Navia de Suarna, onde o pobo leva máis de 70 anos loitando contra o dereito de pernada que as grandes multinacionais sobre os nosos ríos herdaron do franquismo. Unha empresa leva desde 1926 tratando de espetar un encoro neste Concello. Sen saírmos da loita, quixemos coñecer cal é o prezo de defendermos os nosos dereitos como clase traballadora nun momento en que a reforma do Código Penal e a limitación da folga están riba da mesa.

Conversamos con mulleres que acompañan mulleres no embarazo, sen a intervención de médic@s nin hospitais. Debullamos o programa electoral de EH Bildu camiño dunha Euskal Herria soberana e de esquerdas. Ollamos o deporte que se fai no país, falando coa equipa nacional de Rugby-7. E mergullámonos no mundo das crianzas da man das maquetas de Wood Models, un proxecto nado en Outeiro de Rei. Facendo memoria, Alba de Gloria volve zoar no Pico Sacro esta fin de semana. En Cultura, ouvimos os novos ritmos compostos para Rosalía, e na entrevista fala a artista Mónica Alonso. 

Comentarios