Queremos Galego chama "mentirán" a Feijóo por recorrer perante o Tribunal Supremo as sentenzas contra o decreto do galego

Tanto o presidente Núñez Feijóo como o Conselleiro de Cultura Jesús Vázquez tiñan afirmado que o TSXG lles daba a razón nas sentenzas que botaban abaixo o decreto do galego. Mália iso, a Xunta de Galicia ven de presentar un recurso de casación contra a sentenza, segundo foi notificado a Queremos Galego.
Queremos galego
photo_camera Queremos galego

Oito sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigaban á Xunta de Galiza a redefinir a súa política lingüística unha vez que cuestionaban o decreto que foi a trabe da anterior lexislatura na materia. Lonxe de dar ningún paso á hora de reconducir a súa acción lingüística segundo as sentenzas do TSXG, a Xunta decidiu, en primeiro lugar desoílas e en segundo presentar un recurso perante o Tribunal Supremo, unha instancia superior e fóra xa do territorio galego.

“Mentres o conselleiro e o presidente da Xunta menten dicindo que o TSXG lles dá a razón, recoñecen que non é así ao recorreren ao Supremo", sinala Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego. Afirman que é na mesma mañá en que o Conselleiro fixo gala de que “oito sentenzas ratifican a validez total do decreto do plurilingüismo” cando en Queremos Galego se recibe a notificación da presentación por parte do goberno galego do recurso de casación contra esta sentenza.

“Tanto Feijóo como o seu conselleiro de Educación lle fan moito dano a Galiza só polo mero feito de mentiren de forma reiterada, pois o país precisa un Goberno críbel” sinala Carlos Callón, do primeiro recurso coñecido aínda que a lóxica indica que posibelmente a Xunta recurra tamén os outros sete que tumbaron o decreto do galego.
 
Queremos Galego ten convocada unha manifestación para o 27 de xaneiro, que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela. Alén diso, botaroe chaman un “decreto xuridicamente morto”.

Comentarios