mércores 12/08/20

O ministerio de Interior somete á lei antiterrorista unha crianza de 8 meses

A policía española prendeu esta segunda feira a Sílvia C.S. e o seu compañeiro Júlio S.S., militantes independentistas que vinculan co denominado 'aparello de financiamento' de Resistencia Galega. Canda [email protected] levaron o seu fillo, aínda lactante, a quen mantiveron cinco horas sen se alimentar após o separar da súa nai. Seguen [email protected] e xa foron trasladados a Madrid.

Júlio S.S. e Sílvia C.S., as dúas persoas que a policía española prendeu a última hora do serán desta segunda feira foron xa trasladas a Madrid, onde pasarán a disposición xudicial perante a Audiencia española previsíbelmente xa esta cuarta feira, ao cadrar a quinta cun día feriado. Así llo sinalaron a este xornal fontes do organismo antirrepresivo Ceivar, aínda que apuntan que lles foi aplicada a lei antiterrorista, polo que o período de arresto incomunicado podería prolongarse até cinco días.

As detencións [email protected] [email protected], militantes independentistas, efectuáronse na vivenda que partillaban en Narón. Canda [email protected] os axentes levaron o seu fillo, unha crianza de oito meses aínda lactante que ficou afastada da súa nai e sen se alimentar durante varias horas, desde as once da noite, cando a prenderon, até que unha familiar da parella foi avisada para facerse cargo do pequeno. 

O comunicado emitido desde o ministerio de Interior obvia en todo momento a presenza do neno durante os arrestos e o tempo que a parella pasou na comisaría. Tampouco di nada sobre o traballo que [email protected] @s dúas realizaban nos movementos sociais, activismo polo que eran coñ[email protected] na comarca e na capital da Galiza, de onde era veciño Júlio S.S.

O Goberno español vincula a Silvia C.S. e o seu compañeiro co que denominan 'aparello de financiación' de Resistencia Galega. Sinala que, após os rexistros domiciliarios emprendidos, deron con panfletos de propaganda, axendas e "diverso material informático", mais ilustran a información cunha imaxe de arquivo de material explosivo incautado noutros arrestos.  Aliás, acrecenta o Goberno español que os arrestos de Silvia C.S. e da súa parella estarían ligados a un "operativo antiterrorista" iniciado o 30 de novembro de 2011 contra esa organización. Desde aquela levan [email protected] Eduardo Vigo, Roberto R. Fialhega 'Teto' e Antóm Santos e María Osorio, [email protected] estas últimas dous días despois. [email protected], ningunha foi [email protected] aínda.

[email protected], [email protected] e sen xuízo 

O procedemento emprendido pola policía española é o mesmo que se pon en marcha cos arrestos de independentistas. Así, o 16 de setembro detiveron outros cinco mozos. Un deles, M.R.G., quedou en liberdade sen cargos o mesmo día que o prenderon. Pola súa banda, Carlos Calvo ingresou en prisión ao día seguinte e os outros tres detidos --Xurxo R. Olveira, Diego Santín e Héctor Naya Gil 'Koala'-- mantivéronos incomunicados 72 horas antes de pasaren a disposición xudicial e que decretasen tamén para eles o ingreso en prisión.

Cómpre recordar que o observatorio polos dereitos e as liberdades Esculca solicitou para @s [email protected] a aplicación do Protocolo Garzón, que comprende un sistema de supervisión mediante a gravación en video dos centros de detención e das salas de interrogatorio. Así mesmo, contempla un exame médico d@ [email protected] por parte dun profesional da súa confianza, para alén da posibilidade de recibiren visitas de familiares. O paso da teoría á práctica con este protocolo non se deu aínda. Xurxo R.O. denunciou xa no momento do arresto que axentes da gardia civil batesen nel entrementres procedían ao rexistro da súa vivenda.

Asembleas informativas e concentracións

Ceivar realizou asembleas informativas en diferentes cidades do país e convoca para esta cuarta feira concentracións de solidariedade coas persoas detidas. Terán lugar en Vigo ás 20h, diante do MARCO, e en Compostela ás 20:30h, na praza do Pan (Cervantes).

comentarios