Praza Pública cumpre un ano na rede facendo comunicación en galego

Sermos Galiza quere sumarse á maré de parabéns que está a recibir este xornal dixital polo seu primeiro aniversario. Como diría o Zeca... venhan mais cinco!


Tal día coma hoxe, por volta das doce do mediodía, o xornal dixital galego e en galego Praza Pública daba os seus primeiros pasos na rede. No horizonte, dous obxectivos claros: "recuperar o espazo perdido polas cabeceiras" escritas na nosa lingua nos últimos anos; e "contar o mundo desde a óptica galega".

Así o explicaban daquela os seus promotores e cadro de persoal. Cadrando co seu primeiro aniversario, Sermos Galiza quere sumarse á maré de parabéns que están a recibir esta aposta "pola lingua, o xornalismo de calidade e as novas tecnoloxías" cos nosos mellores desexos. Como diría o Zeca... venhan mais cinco!

Comentarios