O PP terá que manifestarse este venres sobre a súa relación co franquismo

A petición do BNG, este venres reunirase a xunta de portavoces da Deputación de Lugo co fin de tomar unha postura arredor das declaracións do alcalde de Baralla, membro do organismo. O PP terá que decidir se pide disculpas ás vítimas e se obriga a que González Capón poña o seu cargo a disposición. 

Deputación de Lugo
photo_camera Deputación de Lugo

Esta sexta feira o PP terá que se posicionar sobre a postura que toma con respecto ás declaracións nas que o alcalde de Baralla, González Capón afirmaba que a represión do franquismo debíase a que as vítimas “o merecían”. O BNG decidiu convocar a Xunta de portavoces para que o órgano de goberno da Deputación de Lugo se pronuncie arredor das manifestacións pronunciadas por quen é membro de seu pleno. Os nacionalistas porán sobre a mesa unha disculpa conxunta ás vítimas agredidas polas palabras do rexidor de Baralla máis se votará a petición de que o alcalde poña o seu cargo a disposición. 

Mália a forte presión social e de forzas políticas e organismos de recuperación da memoria, o PP non se posicionou polo de agora e continúa sen condenar o franquismo. O venres terá que mostrar a súa opinión no órgano provincial ao que tamén pertence o alcalde de Baralla. 

Comentarios