O PP atribúe a AGE a criación dun grupo mixto "que vai ter custo no peto" da cidadanía

A voceira popular Paula Prado di que @s deputad@s da Alternativa presumen de anti-sistema mais “despois queren conservar a toda costa o posto e os salarios”.

Paula Prado, a portavoz do PP, non perde ocasión de fozar no problema provocado pola renuncia de David Calviño o seu escano. A portavoz popular afirma que as desavinzas e desencontros no seo de AGE van derivar na creación dun grupo mixto -ao que iría a militante de EU Carmen Iglesias Sueiro, ao non aceptar entregar a acta a súa organización-, circunstancia que “que vai ter un custo económico” para os cidadáns e “dana a política”.

Paula Prado criticou que @s integrantes de AGE “sexan os primeiros en ir de anti-sistema” mais que despois, dixo, “queren conservar a toda costa o posto e os salarios”.


 

Comentarios