"O PP está como España, na UCI e sen constantes", di Feijóo nas vésperas da Convención do partido

Quedan apenas horas para o inicio da Convención Nacional en Valladolid e Feijóo recoñece que o PP se atopa “como España, na UCI, con respirador e case sen constantes”, dixo, en declaracións que recolle Europa Press. 

Feijóo
photo_camera Feijóo

O presidente da Xunta destacou a fortaleza do PP malia se atopar “como España, na UCI, con respirador e case sen constantes”. As declaracións foron recollidas esta quinta feira, tan só unhas horas antes do inicio da Convención Nacional do partido en Valladolid e nelas, Feijóo deixa ver a crise interna que está a atravesar o partido presidido por Mariano Rajoy. 

Feijóo avalou, sen embargo, as políticas de recortes do goberno español para afrontar a crise, ao seu ver, unha situación que deriva da mala xestión do goberno socialista de Zapatero. Segundo sinalou, o PP está a desenvolver unha política que ten como obxectivo principal saír da crise, malia que iso poda ser impopular e custarlle “desgustos, votos e algún goberno”. 

Vox non é problema 

Para Feijóo non está no horizonte a posibilidade de ruptura dentro do PP nin se atopa nun momento de progresivo esmorecemento á maneira do fin da UCD. “Que todas as rupturas sexan como a de Vox”, dixo, despois de afirmar que lle costa entender que exmilitantes como Ortega Lara, fundador do partido, non continúe no PP e destacar que non pode haber goberno se “previamente non hai partido”. 

Propón pacto arredor da lei de Felipe González 

O presidente da Xunta falou tamén da reforma de lei do aborto de Gallardón, dos conflitos internos que afectan á estabilidade do PP. “Vivimos na Unión Europea, onde 21 países dispoñen dunha lei de prazos”, sinalou ao tempo que indicou que, ao seu ver, o PP aceptaría un pacto de lexislatura co PSOE arredor do aborto que se fundamentara na lei aprobada en 1985 por Felipe González. Apuntou que o aborto non é a solución e lembrou a lei de protección da muller preñada que o PP aprobou despois de gañar as eleccións á Xunta. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Galiza
comentarios