O PP aproba en Ponteareas que o Concello asuma a defensa do alcalde, o que levou á condena en Compostela

O alcalde de Ponteareas non terá que pagar a súa defensa. O PP aprobou que sexa o Concello quen a asuma, o que levou en Compostela á condena xudicial, inhabilitación e demisiónd e 7 concelleir@s.

Será o  avogado do Concello quen asuma a defensa do alcalde, Salvador González solla, imputado por non facer cumprir a orde de demolición das obras do atrio da igrexa de Guillada, segunda decisión tomada na Xunta de Goberno Local. O caso é similar ao que aconteceu en Santiago de Compostela coa defensa do concelleiro Adrián Varela, o que resultou coa sentenza condenatoria dos 7 concelleir@s participantes na Xunta de Goberno e a súa posterior dimisión obrigada ao seren inhabilitad@s para cargo público no xulgados. 

O BNG no concello insta agora a Feijóo e Louzán, presidente galego e da provincia do PP, a que se pronuncien sobre a utilización dos medios humanos do Concello na defensa particular do alcalde. Para o grupo nacionalista  “é un escándalo que o goberno do PP aprobe que o avogado do Concello de Ponteareas defenda a Solla a nivel particular no Xulgado”,pagado, segundo engaden, “a costa dos veciños e veciñas, que se utilícen os  impostos de todos para pagar a defensa persoal” do alcalde. Ao seu ver, tanto o alcalde como @s concelleir@s implicad@s poderían “incorrer nun novo delito pola utilización de medios públicos para o beneficio persoal do Alcalde”.

Comentarios