Pontevedra proponse acabar co feísmo con +Boavila

A iniciativa, que parte do concello, quere contar coa colaboración cidadá para mellorar a calidade urbana e a convivencia nos barrios.

Pontevedra
photo_camera Pontevedra [Imaxe EOI]

+Boavila é a nova proposta do Concello de Pontevedra para mellorar a calidade urbana da cidade. A iniciativa foi presentada esta cuarta feira polo concelleiro de Patrimonio, Luís Bará, Carmen Fouces, responsábel da área social e Anxos Riveiro, concelleira de Medio Ambiente Natural. 

A iniciativa visa, segundo explican desde o goberno municipal, prestar maior "atención ás pequenas cousas" no desenvolvemento da "grande transformación urbana" que leva póndose en práctica na cidade de Pontevedra desde 1999. Neste senso, desde as tres áreas actuarán de maneira conxunta e integrada para mellorar a calidade urbana e estética dos barrios tanto nos espazos públicos como nos bens privados. 

Colaboración e apoio veciñal

O obxectivo é levar a cabo accións en toda a cidade mais para debruzarse polo miúdo nas necesidades específicas de cada un deles lanzaron un chamamamento á "corresponsabilidade" veciñal. 

Desde o goberno muncipal queren abrir unha "canle de comunicación permanente" coas asociacións veciñais e os distintos colectivos sociais que se atopan na cidade do Lérez para que sexan elas as que acheguen propostas e definan as prioridades. Así mesmo, disponibilizaranse formularios na Casa do Concello e na Internet para que a veciñanza poida facer as súas aportacións. 

Por áreas de traballo, Luís Bará debullou os aspectos nos que se centrará Patrimonio e que estarán focados na mellora dos viais e espazos públicos, o coidado do mobiliario urbano e o arranxo e recuperación dos edificios e predios, quer públicos, quer privados. Para isto, propoñen o embelecemento dos muros e paredes através de murais ou outros formatos. 

Comentarios