Piden outros 15 anos de prisión para o narco Marcial Dorado por branqueo de capitais

O narcotraficante que nos anos '90 mantivo unha amizade con Núñez Feijóo acreditada nunha polémicas imaxes filtradas pola imprensa foi imputado pola Audiencia Nacional española pola creación dun entramado dirixido a ocultar os beneficios que tiraba das drogas


Marcial Dorado, o narcotraficante da Arousa que acompaña ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas polémicas fotografías a bordo dunha embarcación propiedade do narco, enfróntase a outros 15 anos de prisión e 42 millóns en multas polos delitos de branqueo de capitais, revelación de segredos e contra Facenda pola creación dun entramado dirixido a ocultar os beneficios que tiraba das drogas e que lle descubriron en 2006. 

O xuíz da Audiencia Nacional Javier Gómez Bermúdez vén de abrir máis un procedemento na súa contra polos delitos antes sinalados e de acordo cun escrito de acusación presentado pola fiscalía en que esta considera que "coa finalidade de branquear grandes cantidades de diñeiro procedente do tráfico ilícito de estupefacientes" creo un entramado societario para poder poñer en circulación os beneficios desta actividade. 

As empresas estaban radicadas no Estado español mais tamén en Portugal, Liechtenstein ou Marrocos e con off shore en Belice, Panamá e as Illas Virxes. Os catos depositábanse nunha conta en suiza a nome das off shore e desde alí enviábase ás empresas. Entre as 15 persoas imputadas están tres fill@s do narco --María, Lidia e Marcial Dorado-- a súa actual parella --Otilia Ramos-- e a anterior --María Fariña. Dorado fica imputado en calidade de xefe desta organización para branquear ca

Comentarios