Piden 3 anos de prisión para 18 persoas ás que responsabilizan de ocupar unha ETT

A CIG convoca unha concentración diante dos Xulgados de Vigo, coincidindo co xuízo que se celebra esta segunda, día 3

O proceso xudicial contra as 18 persoas parte da denuncia presentada pola propietaria dunha ETT da viguesa rúa Romil, e malia a propia Fiscalía rexeitou presentar escrito de acusación. A acusación particular solicita tres anos de cadea para cada un deles por presentamente teren ocupado a sede da empresa o pasado 17 de setembro e causado desperfectos no seu interior.

A concetración solidaria convocada pola CIG dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio do xuízo, que terá lugar no Xulgado do Penal número 7 de Vigo, na rúa Lalín.

Comentarios