Peches nos hospitais de Vigo, Barbanza e Ourense contra os recortes

Esta Segunda feira continuaron as protestas en varios hospitais do país como parte dunha campaña de rexeitamento dos recortes laborais que merman a calidade asistencial. O remate das protestas coincidirá cunha concentración diante do Parlamento galego.
Peche Hospital Barbanza
photo_camera Peche no Hospital do Barbanza

Persoal do Sergas pechouse esta Segunda feira nos hospitais de Vigo, Barbanza e Ourense para exixir que o goberno remate co que consideran son políticas antisociais que está a aplicar o PP. Após as concentracións realizadas a semana pasada nos centros sanitarios de Burela, O Barco, Compostela e O Salnés foron estes outros tres os que acolleron a reivindicación.

As centrais sindicais denuncian as medidas adopatadas polo actual goberno do PP que considerán "un ataque ás condicións laborais coa consecuencia dunha importante perda da calidade asisitencial".

Algúns dos recortes máis importantes neste sector público, ademais da rebaixa salarial do 5%, foron a imposición dunha penalización económica por enfermidade, a supresión da paga extraordinaria no ano 2012 e a supresión dos días por trienios e a redución dos días de asuntos propios de 9 a 3, o cal supón un incremento da xornada en 48 horas.

Os sindicatos aseguran que a intención do actual goberno de Feijóo é implantar o repago dos gastos de hospitalización e recortar nun 74% as axudas a programas de prevención do VIH.

En Vigo xa preparan a manifestación que se celebrará na cidade o vindeiro 14 de marzo (Praza dos Cabalos, 20 horas) por iniciativa da Plataforma SOS Sanidade Pública.

Comentarios