Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña tentan evitar o feche da factoría, previsto para o 30 de Abril

General Dynamics, a multinacional norteamericana á que o PP de Aznar vendeu Santa Bárbara, comunicou aos traballadores que a factoría da Coruña fechará o 30 de Abril. Os operarios resístense e tentan evitar a desaparición de máis un centro fabril na Galiza. Hoxe protagonizaron unha marcha pola cidade, após a cal encetaron un feche indefinido.

mani santa bárbara
photo_camera mani santa bárbara

Máis de 300 persoas participaron esta mañá nunha manifestación polas rúas da Coruña en contra do feche da Fábrica de Armas. General Dynamics anunciou aos traballadores a súa intención de botar o fecho á factoría o 30 de Abril, informou Roberto Teijido, presidente do Comité de Empresa, ao comezo da marcha.

De consumarse o feche, destruiríanse 170 postos de traballo. Arredor de 40 poderían acollerse á prexubilacións. As condicións desas xubilacións antecipadas, segundo fontes sindicais, son as piores na historia da compañía.

Dos distintos centros fabrís de Santa Bárbara no Estado español só fecha a fábrica coruñesa

Os operarios resístense a aceitar o feche e encetan hoxe mesmo un feche indefinido nas instalacións da Fábrica de Armas.

Santa Bárbara foi privatizada polo Goberno Aznar. No momento da súa venda, os operarios xa advertiran que General Dynamics se facía con ela non para potenciala, senón para se facer coa súa cota de mercado. Agora a multinacional norteamericana fai desaparecer a Fábrica de Armas coruñesa.

Dos distintos centros fabrís de Santa Bárbara no Estado español só fecha a fábrica coruñesa.

Comentarios