martes 25/01/22

Paro total no naval de Vigo en seguimento da folga sectorial en resposta á crise

Os estaleiros privados e industrias auxiliares viven esta quinta feira nun día de folga convocada diante da situación crítica do sector e a ameaza de devolución do tax-lease. O paro está a ter un seguimento absoluto na comarca viguesa. Vídeo no interior

Naval
Naval

A folga está convocada pola CIG, CCOO, UGT, ELA e CAT e desenvólvese nos estaleiros de todo o estado. O paro ten unha especial repercusión na Ría de Vigo, onde a alta concentración de estaleiros leva a que a crise do sector estea a producir un forte impacto socioeconómico. Por esta razón, as centrais defenden a realización dun paro xeral na comarca.

O seguimento do paro foi total,segundo os sindicatos. Aliás, milleiros de persoas secudnaron as manifestacións. E nos estaleiros de Ferrol houbo concentracións en solidariedade cos compañeiros de Vigo.

Desde a central nacionalista lembran que o sector representaba hai só catro anos o 30% da riqueza da comarca, dando emprego directo a máis de 10.000 persoas mentres que na actualidade non traballan para o sector nin un milleiro. 

Os principais estaleiros privados,Factoría Naval de Marín, Armón Metalships, Barreras, Freire, Cardama Vulcano e Valiña veranse afectados por unha  folga na que se reclama a resolución do expediente da Comisión Europea sobre o tax-lease, o sistema de bonificación fiscal. 

Os sindicatos demandan a resolución inmediata do expediente incoado pola Comisión Europea (CE) sobre o mecanismo fiscal que operou no Estado de 2002 a 2011 e reclaman tamén que se defenda o principio de confianza lexítima e seguridade xurídica ante a CE e que se anule a reclamación da devolución das axudas. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Paro total no naval de Vigo en seguimento da folga sectorial en resposta á crise
comentarios