Os danos do Prestige na fauna e persoas xa teñen prezo: até 2.000 millóns de euros

A Fiscalía pedirá no xuízo, que comeza o 16 de outubro, unha compensación por prexuízos ecolóxicos e para a saúde dun mínimo de 1.000 millóns de euros, cifra que o propio fiscal, Carlos Varela, recoñece que se podería duplicar.

O vindeiro 16 de outubro arranca a vista oral polo Prestige, coincidindo practicamente co décimo aniversario do desastre ecolóxico acontecido na Galiza co afundimento deste petroleiro en novembro de 2012. O fiscal superior da Galiza, Carlos Varela, vén de informar, segundo recolle efe, que este organismo solicitará unha compensación de entre mil millóns euros, como mínimo, polos danos na saúde das persoas e danos ecolóxicos xerados como consecuencia do afundimento. Esa cantidade, segundo recoñeceu o propio Varela, podería mesmo chegar a ser "mesmo o dobre", isto é, dous mil millóns.

 Varela salientou a importancia de que, por primeira vez, se pida desde a fiscalía unha reparación económica por danos e prexuízos relativos "á fauna e saúde das persoas".

Responsabilidade civil

Canto á responsabilidade civil, a cantidade reclamada apróximase aos 1.300 millóns de euros. Medio cento de avogad@s defenderán as 2.128 partes implicadas. No xuízo, que se calcula que se prolongue até finais de maio de 2013, admitíronse 133 testemuñas e 98 probas periciais.

Comentarios