Os bancos acredores de Pescanova son 110, o duplo do que afirmara Fernández de Sousa

Son entidades de numerosos países onde a compañía ten presenza e filiais. A preocupación é que iso implique a existencia de máis débeda, a engadir á de 3.000 millóns. Aliás, a falla de liquidez pon a novas filiais están en dificultades

Pescanova

Até o de agora, Pescanova mantiña que o número de bancos acredores era de 46. Mais a auditora Deloitte eleva a cifra real a 110. Hainos de practicamente todos os países onde Pescanova tiña filiais ou negocios. Hai quen apunta a como repercutirá iso, se o fai, na débeda da firma, que xa se cifraba por volta de 3.000 ou 3.400 millóns de euros.

A débeda bancaria supera os 3.000 millóns de euros só con entidades financeiras. Desta cantidade, 1.900 millóns serían da matriz e o resto de filiais. Tanto ás españolas (400 millóns), como ás estranxeiras (700 millóns). A este importe habería que endgadir 375 millóns en emisións de bonos.

En Arxentina a falla de cartos mantén amarrados os 12 barcos de Pescanova a días do inicio da campaña do langostino

Deloitte, aliás, puxo sobre a mesa á petición do núcleo forte de sete bancos acredores dunha nova inxección de 50 millóns de euros para facer fronte o día a día de Pescanova. Estes bancos dixeron que o estudarían. Mais hai confianza, e moita, en que a resposta sexa si. Fóra de xogo Fernández de Sousa, a banca acredita na empresa.

Filiais en risco

Por outra banda, a prensa latinoamericana sinala que novas filiais de Pescanova en Chile xa solicitaron a insolvencia, como Argenova e Pescachile. Aliás, en Arxentina a falla de cartos mantén amarrados aos 12 barcos de Pescanova a días do inicio da campaña do langostino.

Comentarios