Unha ollada AFondo á vida e pensamento de Álvaro Cunhal

Con motivo do 100 aniversario do seu nacemento, publicamos un caderno monográfico arredor da obra literaria e artística do que foi secretario xeral do Partido Comunista Portugués (PCP) e un dos pensadores máis destacados da súa época. Xa disponíbel na nosa loxa.

Capa_A_Fondo_SG72

Coordenado por Xabier P. Igrexas esta semana publicamos un suplemento arredor da vida e pensamento de Álvaro Cunhal. A piques de se cumpriren 100 anos do seu nacemento (10 de novembro) afondamos na súa obra literaria, o seu pensamento e a súa biografía. Mais tamén nos debruzamos nunha das súas facetas máis descoñecidas, a artística. 

Da pegada histórica de Álvaro Cunhal fican unha morea de obras bibliográficas mais tamén unha importante colección de obras artísticas. No seu centenario repasamos algúns dos elementos biográficos da súa traxectoria política, desde a súa entrada ao PCP como militante clandestino até a súa participación durante o proceso de reorganización do partido após ser detido e torturado. 

Sobre o seu compromiso político e desde unha óptica persoal, Duarte Correa, ensinante e sindicalista debuxa nunha dobre páxina o Álvaro Cunhal máis actual cuxas análises e praxe política se manteñen en vixencia. Xunto a el, o poeta, ensaísta e tradutor Manuel Gosmão debrúzase sobre o pensamento político de Cunhal. 

Aliás, achegámonos á súa faceta de pintor e á súa concepción da arte como traballo transformador. Influenciado polo realismo socialista a arte de Cunhal tomaba parte da loita popular empregando ao pobo traballador como protagonista de todas as súas obras. 

Xa á venda na nosa loxa

Comentarios