Unha ollada Afondo ao PP e á corrupción sistémica

Sermos Galiza publica un caderno monográfico no que afondamos na corrupción como un trazo fundamental que define o actual réxime político. Casos como o Naseiro, a Gürtel ou a Pokemon salfiren directamente o bipartidismo español. Podes mercalo na nosa loxa. 

Capa_A_Fondo_SG92

Sermos Galiza edita esta semana un caderno A Fondo sobre a corrupción. Coordenado polo mestre e sociólogo, Manuel Monge, presentamos oito páxinas arredor dos procesos xudiciais que atinxen o PP --mais tamén o PSOE-- e que reflicten a podremia do réxime bipartidista. 

Casos como o Naseiro, a Gürtel, a Pokemon ou a Operación Orquestra destaparon as vergoñas do partido que ostenta os gobernos da Xunta e Madrid. Revisamos os casos de corrupción nos concellos galegos: Compostela, Gondomar, Betanzos, Nigrán, Os Blancos, Portas, Melón, Fisterra, Ponteareas... mais tamén os que se espallan por todo o Estado: Alacant, Torrevieja, a Generalitat Valenciana, Murcia ou a Comunidade de Madrid. 

Casos en moitas ocasións relacionados nos que se repiten os nomes dos protagonistas. 

Un caderno que visa deitar luz arredor dos intereses destas relacións entre os pricipais partidos do réxime e a oligarquía que goberna na sombra. 

Podes mercalo por 0,50€ na nosa loxa. 

Comentarios