'Senlheiro' declara hoxe perante a Audiencia Nacional

H.M. "Senlheiro" agarda nas dependencias policiais de Canillas o interrogatorio e posterior decisión do maxistrado. A concentración de solidariedade celebrada onte en Compostela rematou en pequenas escaramuzas entre manifestantes e dispositivos da policía española.

Varias cidades galegas celebraron onte concentracións en solidariedade co mozo detido en Ames a pasada terza feira. Ao remate da que tivo lugar na capital de Galiza, a máis numerosa en asistentes, houbo conflitos entre algúns dos manifestantes e a policía que mantivo vixiada toda a zona centro despois da queima de colectores.

Producíronse rexistros policiais indiscriminados de vehículos na Porta do Camiño pouco despois das 21 horas e os incidentes trasladáronse á zona nova.

H.M. "Senlheiro", o mozo detido, está nas dependencias policiais en Canillas, Madrid, á espera de ser interrogado polo xuíz. O maxistrado terá que decidir esta quinta, após o interrogatorio na Audiencia Nacional, se ingresa en prisión ou queda en liberdade. 

Comentarios