O TSXG anula a exclusión da CIG dos Consellos escolares dos CIFP

O tribunal falla en favor da central sindical nacionalista que fora excluída destes órganos colexiados pola Xunta, CCOO e UGT

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece o dereito da CIG-Ensino a participar na designación dos membros de extracción sindical pertencentes aos Consellos escolares dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP). Após presentaren un recurso contencioso administrativo, a CIG valora "moi positivamente" a decisión xudicial que anula os nomeamentos feitos á marxe da organización maioritaria no ensino. 

A decisión da Xunta --apoiada por CCOO e UGT-- deixaba fóra ao sindicato nacionalista o que supuña unha vulneración "do dereito á igualdade e de liberdade sindical" como vén de fallar a máxima instancia da Galiza. Neste senso, o TSXG anula os nomeamentos aprobados en 2009 en 11 centros de Formación Profesional que deberán ser re-eleit@s, agora si, coa presenza da central sindical. 

Comentarios