O responsábel local do BNG de Lugo autoincúlpase como participante nas asentadas estudiantís

Alexandre Penas considerras que @s moz@s que na protesta a prol do ensino público cortaron o tráfico rodado "estaban a defendernos a todos”
Alexandre Penas
photo_camera Alexandre Penas

O responsábel local do BNG en Lugo, Alexandre Penas, manifestou o apoio da organización nacionalista aos estudantes denunciados pola asentada realizada nas mobilizacións contra os recortes no ensino. Alexandre Penas sinalou que “a política represora do estado tenta meterlle o medo no corpo á xente para evitar as mobilizacións da xente que resulta afectada polas políticas do goberno”. Penas fixo estas declaracións no decorrer da concentración dos e das afectadas polas preferentes diante da sede de Novagalicia banco de Lugo, acto apoiado polo BNG. 

O responsábel local do BNG comentou que “os rapaces e rapazas que ese día protestaron cortando o tráfico estaban a defendernos a todos” en engadiu que “queren unha mocidade domesticada, sen principios, que baixen a cabeza”. O BNG de Lugoanunciou que vai apoiar a todas aquelas persoas que se implican por unha sociedade mellor. Eso é, apuntou a frente nacionalista, o que teñen que facer as administracións, utilizar os recursos para acadar unha sociedade mellor "e non facer políticas contra a cidadanía".

Comentarios