O PPdeG, "encantado" con que Pachi concorra outravolta á secretaría xeral do PSdeG

Xa hai reaccións políticas á entrevista con Pachi Vázquez que hoxe publicamos no noso semanario en papel. Paula Prado, portavoz do PPdeG, afirma que o seu partido está "encantado" coa perspectiva de que o político de O Carballiño poda concorrer outravolta á secretaría xeral do PPdeG.

En declaracións a Sermos Galiza, nunha entrevista asinada por Olalla Rodil, Pachi Vázquez afirma que en 20 días tomará a decisión de se se candidata ou non á secretaría xeral do seu partido en Galiza.

A reacción do PPdeG a este anuncio do dirixente socialdemócrata non se fixo esperar. Chegou por boca da súa portavoz, Paula Prado, en declaracións á axencia Efe.

Prado ofrece o respaldo do PP a Vázquez caso de este fracaso na conquista do apoio da militancia do seu partido [na entrevista o ex conselleiro de Medio Ambiente condicionou a súa candidatura á "sensación" que perciba no seo da afiliación socialista.

A portavoz do PP, nunha chiscadela irónica, expresou en conferencia de imprensa: "Se neses 20 días non chega a atopar o apoio das bases que el precisa para se apresentar, pois que conte co apoio do PP, porque nós estariamos encantados de que continuase ao fronte do PSdeG e que sexa a oposición a Feijóo".

Comentarios