xoves 21/10/21

O PP inventa o LAPAO como lingua para eliminar o catalán de Aragón

“Lingua aragonesa propia da área oriental” é dicir, LAPAO, é a nova denominación que o PP escolleu para diferenciar a lingua de Aragón do Catalán. A Lei de Linguas que se aprobou nas Cortes de Aragón cos votos do PP e PAR. 

Luisa Fernanda Rudi
Luisa Fernanda Rudi

O LAPAO (Lingua aragonesa propia da área oriental) é a denominación co que o PP de Luisa Fernanda Rudi, que contou co apoio do PAR , prentende diferenciar e eliminar o catalán de Aragón a través da lei que vén de ser aprobada nas Cortes de Aragón. Coa nova lei prevese tamén a creación dunha academia propia, a Academia Aragonés da Lingua, que terá competencia á hora de establecer a toponimia e os nomes oficiais da comunidade, co que o catalán deixará de ser a lingua oficial dos topónimos da Franxa aragonesa A nova lei contempla tamén que o catalán deixará de ser a lingua empregada nos documentos dos concellos da Franxa. 


O Institut d'Estudis Catalans (IEC) pronunciouse ao respecto, cualificando de impropia a decisión aprobada polas Cortes aragonesas para a nova denominación do catalán que se fala na franxa. Para o Institut o Lapao non é nome de ningunha lingua como tampouco o é a Lingua Aragonesa Oficial do Estado (Laoe) nin Lingua Aragonesa Propia das Áreas Pirenaica e Prepirenaica (Lapapyp), denominacións que tamén aparecen na lei. 

Nova aplicación

O invento do PP para diferenciar a lingua e eliminar o catalán deu tamén para brincadeiras como a da empresa Dau Apps que creou unha aplicación gratuíta para pasar do catalán ao lapao. Preséntana como “a aplicación definitiva que permitirá aos habitantes da Franxa e aos cataláns poder entenderse finalmente despois de séculos de incomprensión mutua”. 

comentarios