O portavoz do PP na Pontenova, presidente dun Tribunal de oposicións

Así o denunciou esta terza feira a CIG-Ensino que acusa á Consellaría de Educación de "designar a dedo" ao voceiro popular Jorge García García. O portavoz do PP no Concello da Pontenova preséntase ao tempo ás oposicións de inspector. 

A central sindical nacionalista denunciou que Consellaría da que é titular Jesús Vázquez designou "a dedo" ao popular Jorge García García presidente do Tribunal de oposición ao corpo de mestras e mestres nº2 de inglés de Lugo. Segundo informa a CIG-Ensino, da Pontenova, Jorge García García. 

A CIG-Ensino advirte que "o nomeamento de presidentes e presidentas de tribunais que van xulgar o proceso selectivo" responde "a criterios políticos" aproveitando que a súa asignación devén directamente da Consellaría e non a través dun sorteo como si acontece cos demais integrantes do tribunal. 

O popular Jorge García, que exerce na actualidade como portavoz no Concello da Pontenova concorre, aliás, ás oposicións de inspector. Desde a CIG-Ensino exixen que a Xunta de Galiza --a través da Consellaría de Educación-- modifique a composición do Tribunal dando prioridade aos criterios técnicos na escolla d@s membros do mesmo habida conta, din, da existencia de "numerosos profesores e profesoras funcionarias de carreira desta especialidade" que non exercen ningún tipo de representación política. 

Comentarios