O nº27 do noso semanario está xa no quiosque!

Deseguido contámosche que atoparás nel. Se gostas do que les, apóianos!

Encetamos o debate que enfronta o dereito das mulleres ao aborto e a obxección de conciencia na sanidade pública. Entrevistamos o economista Pedro Carvalho que nos conta que: 'A permanência dentro do euro perpetuará o desmantelamento produtivo e o empobrecemento'. Na sección de política tratamos da nova Xunta do PP: botámoslle unha ollada ao gabinete madrileño de Núñez Feijóo e analizamos o documento para o debate feito público polo BNG con vontade de autocrítica.

En Laboral temos en conta a nova tipoloxía de empregad@s por conta propia, as autónomas pola forza, cóntannos os motivos que @s levaron a emprender e afondamos na sentenza que absolve os tres sindicalistas condenados a prisión, e recoñece a prevalencia do dereito á folga.

En Economía tres temas de actualidade: as ordes de Bruxelas para a reestruturación de Novagalicia Banco xeran incerteza na rede de Pemes galegas, Ouvimos o que nos teñen que contar desde a Costa da Morte ou Valdeorras sobre unha fraude na concesión de axudas a traballos forestais e pasadas as eleccións quixemos saber como van as solucións para @s estafad@s das preferentes.

Tamén nos preocupamos pola Serra do Galiñeiro, dobremente ameazada: primeiro polos eólicos e agora tamén pola minaría a ceo aberto. No Ensino repasamos a contrarreforma de Wert: o galego, cuarta lingua; pagar polo español na privada; relixión, si ou si; e a Xunta, calada.

Neste número entrevistas a Manuel Rivas, Pedro Carvalho, David Fernàndez, Marcos Sumavielle e as catro redactoras de Disquecool

En deportes entrevistamos ao árbitro Marcos Sumavielle para que nos contase os problemas que tivo por arbitrar a selección galega de fútbol e falamos das dificultades para competir de Susana Rodríguez, paratriatleta viguesa.

Na sección de Internacional entrevistamos a David Fernàndez, deputado electo pola CUP ao Parlamento catalán. En Memoria saímos na procura da historia do cable inglés e en Cultura recompilamos as últimas novidades do Ano Vidal Bolaño ademais de entrevistar a Manuel Rivas para que nos conte cousas do seu último libro.

En viaxes da miña terra imos polos faros da Mariña, o noso Okapi preséntanos neste número a historia de 'Ponte... nas ondas!' e na Contra temos unha conversa coas catro redactoras de Disquecool.