O lirio do monte, unha razón máis para esixir que o Monte Pindo sexa parque natural

A aparición lirio de monte, especie en perigo de extinción, no Pindo dálle unha razón máis ás asociacións que reclaman a condición de parque natural para o Olimpo Celta. 

Lirio do monte, (Foto AMPPN)
photo_camera Lirio do monte, (Foto AMPPN)

A recente aparición no Pindo de lirio de monte, especie en perigo de extinción que só existe en moi poucos enclaves como Xurés ou Courel, é un argumento máis para as asociacións que están a reclamar a condición de parque natural. A noticia xurdiu na recente visita ao espazo natural dentro das XVV Xornadas de Pesca e foron socios de Asociación Monte Pindo Parque Natural os que deron cos exemplares dunha especie que levaban dous anos procurando. 

O presidente de CEMMA, Alfredo López detectou tamén na visita outra especie protexida, o coñecido como cabriña ou fento do carballo. “Por se non sobraran xa os motivos, a presenza de especies en perigo de extinción ou protexidas no Olimpo Celta obriga a adoptar medidas que garantan a súa conservación e supervivencia” din desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que leva, canda ADEGA e distintas entidades tres anos reclamando esa condición da Xunta de Galiza. 

Esixen así da Consellería de Medio Ambiente que se “deixen de dilacións e inicien dunha vez a tramitación do que será o sétimo Parque Natural galego e o primeiro da Costa da Morte”. 

A aparición do lirio de onte, planta en perigo de extinción recollida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas é, para Adega, para esixir a protección do Pindo polo que reclama á cidadanía, de maneira especial á da Costa da Morte  que “fronte á cerrazón cómplice da Xunta sigan apoiando a iniciativa para que Monte Pindo sexa declarado Parque Natural”. 

Comentarios