O concello de Ponteareas gastou en 2011 máis de 175.000 euros en chamadas telefónicas

O BNG denuncia desbaldimento nas últimas contas presentadas polo goberno local do PP, as de 2011. O concello deixou sen pagar 102.000 euros en telefonía.
Concello de Ponteareas
photo_camera Concello de Ponteareas


As contas oficiais do concello de Ponteareas non deixan de presentar sorpresas. O BNG dese municipio sacou á luz pública un dos apartados da contabilidade do 2011, a última que se coñece, que protagoniza a telefonía.

Segundo souberon @s nacionalistas, o gasto en chamadas superou os 175.000€ (máis de vintenove millóns  das antigas pesetas). A documentación municipal pon en evidencia que houbo un gasto de 93.000 euros en telefonía que corresponde en exclusiva ao exercicio do 2011, e 82.000 euros endebedamentos de anos anteriores facturados por “Telefónica” e “Telefónica Móbiles”.

Segundo reflicten as contas, os gastos en teléfono fixo no ano 2011 ascenderon a máis de 68.000€ e o dos móbiles sumaron 24.556€, máis de 2.000 euros ao mes, principalmente do alcalde e concelleir@s do goberno.

Os gastos en teléfono fixo no ano 2011 ascenderon a máis de 68.000€ e o dos móbiles sumaron 24.556€

"Gastan sen control"

“As contas reflicten como os cartos dos contribuíntes de Ponteareas se gastan sen ningún tipo de control en propaganda política, ou  telefonía e demostran a política de dilapidación continua por parte do grupo de goberno do PP”, asegurou a Sermos Galiza Hortensia Bautista, concelleira do BNG en Ponteareas.

@s nacionalistas rexeitan as declaracións de chamada "a austeridade desde o PP ditada por Rajoy" e que logo actúen con "esta dobre moral".

Comentarios