O comité inter-centros de La Voz convoca un acto de protesta contra a inaplicación do convenio colectivo

Ás 12 da mañá no Obelisco da Coruña é a hora e o lugar no que o domingo 19 de maio o comité intercentros do grupo La Voz de Galicia desenvolverá un acto informativo para facer público o conflito laboral no seo desta empresa de comunicación.

O Comité Intercentros denuncia a inaplicación do convenio colectivo ao querérenlle aplicar unha rebaixa salarial do 16% ademais dun recorte do 66% dos complementos. O órgano representativo do persoal do grupo denuncia que a empresa quere aplicar estas medidas cando o pasado ano logrou beneficios  malia a crise do sector. 

O Comité anuncia tamén que a empresa radicada en Sabón quere aplicar estas rebaixas cando aínda está en vigor o convenio subscrito no seu día para superar a crise económica e que conlevou xa unha rebaixa salarial, alén da eliminación de 52 postos de traballo no cadro de persoal. 

Comentarios