O BNG pedirá a comparecencia do Ministro de Interior no Congreso pola carga policial da Coruña

BNG e AGE condenaron a actuación policial e o intento de desaloxo dunha anciá de 85 anos da súa vivenda.
Carga policial na Coruña

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, denunciou o intento de desaloxo da súa vivenda dunha anciá de 85 anos e posterior carga policial que aconteceu onte na Coruña. "Hai cousas que non se poden permitir e que son intolerábeis, situacións contra as que debemos loitar", asegurou.

Na violenta reacción da policia resultaron agredidos vari@s manifestantes entre os que se atopaban o voceiro municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, o portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera e o concelleiro de EU, César Santiso.

O BNG anunciou que as deputadas nacionalistas no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, solicitarán a comparecencia do Ministro de Interior para que explique por que motivo se empregou a violencia policial nesa situación. Para o portavoz nacional do BNG "as forzas de seguridade deberían estar ao servizo da cidadanía, defendela e non protexer sempre os intereses dos máis fortes". Aliás, o BNG pedirá tamén a demisión do Subdelegado do Goberno "porque o que sucedeu na Coruña é dunha indignidade e dunha inhumanidade sen límites".

AGE denuncia "un acto máis propio dun estado fascista"

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosou a súa "indignación polo brutal exercicio da violencia" que consideran "máis propio dun estado fascista". @s deputad@s de AGE denunciaron o xeito de actuar da policía que "a traizón". AGE transmitiu "a súa total solidariedade" coas persoas golpeadas e agradecen a actitude do corpo de Bombeiros da Coruña que se negaron por dúas veces a participar no despexo de de Aurelia.

Comentarios