O BNG escoita a cidadanía a través de #propónconnosco

#proponconnosco é a nova ferramenta de comunicación coa cidadanía que o BNG bota a andar a través da súa páxina web. Escoitarán e responderán persoalmente cada unha das propostas que lles cheguen para contribuíren a súa acción política.
a cidadanía do bng
photo_camera a cidadanía do bng

Como unha xanela aberta nace #proponconnosco, a canle de comunicación directa entre a cidadanía e o BNG a través da cal se agardan recibir ideas, propostas e suxestións para contribuíren ao proceso de reflexión e á súa acción política. 

Cada unha das propostas recibidas chegará a cada un dos membros do seu Consello Nacional e terá cumprida resposta por parte da dirección da formación nacionalista. A cidadanía poderá opinar arredor dun documento de liñas políticas debatido nas distintas asembleas do BNG que marca a estratexia a seguir pola organización nos próximos meses.

Desta maneira, a cidadanía terá de primeira man acceso ás conclusións dun debate interno en que se fai valoración do momento político actual polo que atravesa a formación nacionalisa e os camiños que se abren de cara ao futuro e poderá contribuír para el coa súa opinión.

Comentarios