O BNG concéntrase "contra o espolio do aforro galego"

O BNG convoca esta segunda concentracións nas sete principais cidades galegas "contra o espolio do aforro galego e a venda/liquidación" de Novagalicia Banco

O BNG convoca esta segunda concentracións nas sete principais cidades galegas "contra o espolio do aforro galego e a venda/liquidación" de Novagalicia Banco. Unha mobilización que se realiza no día en que desde Bruxelas se abre a billa para axudas ás entidades financeiras nacionalizadas en troques dunhas duras imposicións que levarían, en cinco anos, a NGB a vender ou proceder a unha liquidación ordenada.

 Para a fronte nacinalista, as medidas anunciadas desde a UE para NGB son “un desastre porque supón milleiros de empregos que se van perder, o roubo de parte importante dos cartos estafados polas preferentes, a expatriación do aforro galego”.

“Estamos perante a crónica do asasinato anunciado do sistema financeiro galego que ten como actores a Unión Europea, Rajoy e Feijóo”, opinou o voceiro nacionalista Guillerme Vázquez hai uns días, e criticou que o estado utilice “como sempre un doble raseiro que fai que a Bankia lle permitan seguir e NovaCaixaGalicia vaia ser vendida”.

Comentarios