COHESIÓN SOCIAL

O abandono educativo temperá na Galiza sitúase no 20,8%, dez puntos por riba da media europea

O abandono escolar na Galiza supera en 10 puntos á media europea
photo_camera O abandono escolar na Galiza supera en 10 puntos á media europea

O abandono educativo temperán situouse na Galiza en 2011 nun 20,8 por cento, segundo datos oficiais do IGE, unha porcentaxe moi por riba da media da Unión Europea (que era do 14,1%), se ben ficaba por baixo da estatal (que estaba no28,4%). O abandono educativo temperá é unha definición coa que se fai referencia á porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos que non segue estudios nin formación e cuxo nivel de estudos non sobrepasa a educación secundaria inferior. As categorías incluídas para a obtención deste indicador son: Analfabetos, educación primaria, formación e inserción laboral que non precisa título de primeira etapa de secundaria, primeira etapa de educación secundaria, formación e inserción laboral que precisa título de primeira etapa de secundaria e garantía social/iniciación profesional-

Nesta liña, os estudos dos institutos de estatística oficiais da Galiza e do Estado apuntan a que a metade dos galegos e galegas (49,1%) tiñan en 2011 o que se determina como un “baixo niveld e estudios”. É decir, que os adultos de entre 25 e 64 anos que acadaron un nivel educativo igual ou menor ao primeiro ciclo de ensinanza secundaria son a metade dos habitantets do País. Na Unión Europea, a porcentaxe de cidadáns e cidadás cun “baixo nivel de estudos” é o 27,3%, o que supón 22 puntos porcentuais por baixo dos datos da Galiza.

Nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo, e segundo ten denunciado a oposición parlamentar, os recortes na educación rondaron os 400 millóns de euros.

Comentarios