O 50% da mocidade non ten emprego en Galiza

O INE alerta de que a metade d@s moz@s entre 16 e 25 anos están desempregad@s, unha cifra 34 veces superior á de 2011.
Desemprego xuvenial
photo_camera En Galiza hai 40.400 moz@s sen traballo

As alarmantes taxas de desemprego xuvenil rexistradas en Galiza no último ano --un 34% máis que en 2011-- reflicten unha das prinpais consecuencias da xestión que se está a desenvolver da crise económica. Aliás, as sucesivas reformas laborais, sitúan á mocidade nun dos colectivos máis prexudicados das medidas aprobadas desde o goberno español.

Case 50 de cada 100 persoas menores de 25 anos non ten traballo en Galiza. Esa é a cifra tirada polos Institutos de estatística. En total, 40.400 persoas en 2012, o que supón un 20% da mocidade desempregada en todo o Estado español. As cifras comparadas coa media estatal, non acompañan as teses defendidas desde o executivo galego que continúa vendo o vaso medio cheo en Galiza ao respecto do "conxunto do territorio español", porén, entrementres a media estatal padeceu un aumento do 5,7% do desemprego xuvenil, no noso país esta suba foi de perto do 35% en 2012 situándonos como un dos territorios onde máis empregos se destruíron no último ano.

O 20% da mocidade desempregada no Estado español é galega

Desde o estourido da crise económico-financeira (2008), o número de persoas entre 16 e 25 anos de idade que non tiñan traballo incrementouse en 22.300 moz@s, unha situacións extremadamente preocupante nunha formación social como a galega, en que unha boa parte da súa poboación está xubilada. Neste senso, as sucesivas reformas laborais aprobadas desde Madrid, non viñeron senón a agravar a situación, pois é entre 2010 e 2012 onde se produce un maior incremento no número de mozas e mozos desempregados.

No entanto, desde a patronal --principal interesada na reforma das condicións de traballo-- demandan que o executivo de Mariano Rajoy avance "en medidas de flexibilización e moderación salarial" en aras dunha suposta "maior competitividade" laboral e a recuperación económica. Aliás, propoñen a creación dun outro contrato dirixido de maneira específica á mocidade, e cuxa remuneración nun supere o salario mínino (645,30€ ao mes).

Imaxe capa: Furlin 

Comentarios