Nunca Máis 'explode' nas redes

O perfil da Plataforma en Facebook consegue en só 24 horas máis de 20.000 seguidores.

Após a leitura da sentenza na Audiencia provincial da Coruña a Plataforma Nunca Máis lanzouse ás redes sociais e en poucas horas conseguía máis de 6.000 seareir@s. Un día despois os resultados achéganos @s 20.000 no Facebook e a máis de 1.500 en Twitter.

As novas ferramentas para a comunicación virtual --que na altura da catástrofe non existían-- están a convertérense nun regueiro de mensaxes de apoio á Plataforma e de denuncias polo fallo xudicial. A inexistencia de responsabilidades políticas --que para maxistratura non tiveron os gobernos español e galego-- fixo ferver a pasada cuarta feira as redes sociais até o punto de converteres os hastag #NuncaMáis e #Prestige en trending topics ao longo do día. 

Desde a Plataforma xa aseguran que o resultado obtivo nas redes sociais fai percorrer pola Internet "unha marea de dignidade" que está, asemade, chamada a saír esta sexta feira ás rúas

Comentarios