Novo corte de tráfico na A-8 por mor da néboa

É o cuarto durante a última semana. Afecta a 16 quilómetros da autovía, á altura do municipio de Mondoñedo, segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico.

a8 autovia
photo_camera Autovía A8


A Dirección Xeral de Tráfico informou este sábado de novos cortes na A-8 por problemas de visibilidade á altura do municipio lucense de Mondoñedo. O corte afecta a 16 quilómetros da autovía, entre os puntos 536 e 552. Unha vez máis, a intensa néboa obriga a desviar o tráfico neste perigoso punto, onde o pasado xullo houbo un grave accidente en cadea no que faleceu unha persoa.

As néboas neste tramo son habituais coa chegada da primavera. De feito, é o cuarto corte durante a última semana no mesmo tramo. As usuarias terán que desviarse pola N-634, segundo a Dirección Xeral de Tráfico.

Fomento busca unha solución

Pasou algo máis dun ano desde que este tramo foi inaugurado. O ministerio de Fomento ultima un proxecto, que licitará nas próximas semanas, para encontrar unha solución técnica que reduza o impacto da néboa, segundo recolle o xornal 'La Voz de Galicia'. Até o momento só se tomaran medidas preventivas, como balizas luminosas e un radar, que non evitan o peche deste tramo en días de especial incidencia da néboa. 

Comentarios