Novas retencións nas peaxes da AP-9 malia as advertencias a Audasa

Rexistráronse esta sexta feira nas peaxes de Santiago e Pontevedra, afectando aos vehículos que se dirixían cara as Rías Baixas.

Atasco
photo_camera Atasco nunha peaxe galega


A Xunta quería evitar que se repetirán as imaxes do pasado verán con longos atascos nas peaxes galegas. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, advertiu a Audasa, concesionaria da AP-9, de que o bo tempo previsto durante a Semana Santa presaxiaba novos atoamentos. E así foi malia o aviso.

Durante esta sexta feira, rexistráronse retencións nas peaxes de Sigüeiro, en Santiago, e de Curro, en Pontevedra, segundo informou a Dirección General de Tráfico (DGT) á axencia Europa Press.

As retencións foron de menor intensidade que o pasado verán, mais non se descarta que na operación retorno volvan a rexistrarse. 

Os atascos afectaron aos vehículos que se dirixían dende o norte do país cara as Rías Baixas. Producíronse na entrada a Santiago, á altura do quilómetro 54, e no desvío cara a vía do Salnés, no quilómetro 119. As retencións foron de menor intensidade que o pasado verán, mais non se descarta que na operación retorno volvan a producirse.

Audasa tomou medidas ante as peticións da Xunta e reforzou o persoal este período festivo, segundo defende a concesionaria da Autopista do Atlántico. Cuestión que non foi suficiente para garantir o tráfico fluído nas peaxes galegas.

Comentarios