As novas imputacións xudiciais para Currás e Conde Roa agravan a crise do PP

A xuíza Ana López Suevos imputa ao aínda alcalde de Santiago, Ángel Currás, e ao seu antecesor no cargo, Conde Roa, por un delito de prevaricación e acoso moral. A instrución é produto dunha denuncia formulada por un policía local. A situación do PP en Santiago tórnase insostíbel.

O PP está fendido na corporación -cun grupo de concelleiros situado arredor da nova portavoz do partido, Paula Prado, claramente enfrentada a Curras- e a situación política do alcalde semella imposíbel de manter, embora Feijóo aínda non lle teña demandado formalmente a demisión.

A xuíza López Suevos imputou tamén o concelleiro de Seguranza Cidadá Albino Vázquez.

Feijóo afirmou na clausura do congreso do PP galego que o Partido Popular é o "máis honesto" do Estado español.

A orixe da denuncia que dá lugar a esta imputacion son as presións que tería recibido un funcionario da policía local de Santiago de Compostela para facer desaparecer o atestado policial formulado contra Ángel Espada -número 3 da candidatura do PP- por ir durmido e bébedo ao volante do seu vehículo.

Comentarios