Nós-UP afirma que se está a sentar un novo clima de confianza co BNG

A través dun comunicado publicado tamén nas redes sociais, Nós-Unidade Popular valora de maneira positiva o encontro desenvolvido coa executiva do BNG por se sentar as bases dun “clima de confianza!” que supere o “anómalo período de ausencia de vías de diálogo”. 

Membros da dirección de Nós-UP
photo_camera Membros da dirección de Nós-UP

O encontro que tivo lugar o pasado día 16 entre as direccións de Nós-UP co BNG foi avaliado polos primeiros como un paso adiante na normalización da relación entre as dúas forzas “sentando as bases para un clima de confianza e mutuo respecto que permitirá progresivamente a superación dun longo e anómalo período de ausencia de vías de diálogo e comunicaçom, e de hostilidade política”. 

Tese soberanistas

No seu comunicado, Nós-UP non só valora o resultado do encontro senón tamén transmite a súa satisfacción pola aproximación do BNG ás posicións soberanistas e antineoliberais, e resituar a rúa como espazo esencial das loitas populares”, o que permitirá consolidar accións e respostas conxuntas. 

Segundo Nós-UP, as dús forzas coincidiron tamén na análise do diagnóstico da grave situación social e económica actual alén de na idea de que a vía estatutaria está esgotada e que a solución se atopa na soberanía nacional. Por todo isto, na súa idea está contribuír a un “amplo e plural movemento sociopolítico soberanista de masas, de carácter suprapartidario, que de posicións de esquerda e feministas, conduza á acumulación de forzas populares para a ruptura democrática e un proceso constituínte galego”. 

Comentarios